O léxico do enxoval (ss. XIII-XVI). Contribución ao estudo semántico dos tecidos, vestiario e complementos na prosa documental galega
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Esta tese de doutoramento ofrece un estudo do léxico relacionado cos tecidos, o vestiario e os complementos en documentos medievais de prosa notarial en galego, encadrados entre os séculos XIII ao XVI. O eixo da investigación está constituído por un glosario de 161 entradas dispostas alfabeticamente, que se ofrecen asociadas a algún dos cinco campos semánticos en que clasificamos as voces do corpus: o enxoval: xeral, o vestiario, os materiais, o leito e o servizo de mesa. Analizamos a procedencia, difusión e pervivencia posterior do léxico vinculado a este ámbito da vida cotiá e ofrecemos unha análise contrastiva co portugués e o castelán.
Precede ao estudo léxico unha análise da tipoloxía documental que constitúe o corpus, unhas breves achegas á historia da indumentaria e a metodoloxía empregada na realización do traballo. O corpus, de elaboración propia, está constituído por 178 documentos notariais. Todos son textos éditos, excepto un reconto da Catedral de Ourense, inédito, custodiado no arquivo da dita catedral, do cal ofrecemos o estudo codicolóxico, a edición crítica e o índice de topónimos e antropónimos que contén.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








