RT Dissertation/Thesis T1 O léxico do enxoval (ss. XIII-XVI). Contribución ao estudo semántico dos tecidos, vestiario e complementos na prosa documental galega A1 Rodríguez Parada, Raquel K1 lexicografía medieval K1 lingüística diacrónica K1 lingüística histórica K1 ecdótica AB Esta tese de doutoramento ofrece un estudo do léxico relacionado cos tecidos, o vestiario e os complementos en documentos medievais de prosa notarial en galego, encadrados entre os séculos XIII ao XVI. O eixo da investigación está constituído por un glosario de 161 entradas dispostas alfabeticamente, que se ofrecen asociadas a algún dos cinco campos semánticos en que clasificamos as voces do corpus: o enxoval: xeral, o vestiario, os materiais, o leito e o servizo de mesa. Analizamos a procedencia, difusión e pervivencia posterior do léxico vinculado a este ámbito da vida cotiá e ofrecemos unha análise contrastiva co portugués e o castelán.Precede ao estudo léxico unha análise da tipoloxía documental que constitúe o corpus, unhas breves achegas á historia da indumentaria e a metodoloxía empregada na realización do traballo. O corpus, de elaboración propia, está constituído por 178 documentos notariais. Todos son textos éditos, excepto un reconto da Catedral de Ourense, inédito, custodiado no arquivo da dita catedral, do cal ofrecemos o estudo codicolóxico, a edición crítica e o índice de topónimos e antropónimos que contén. YR 2019 FD 2019 LK http://hdl.handle.net/10347/19891 UL http://hdl.handle.net/10347/19891 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026