A Participación do testador como forma de participación: réxime xurídico e comparativa con outras disposicións particionais

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O tema central deste traballo é a partición polo testador. Fundamentalmente, analízanse os aspectos que maior problemática práctica presenta este tipo concreto de partición. A tal efecto , divídese nunha introdución, a cal fai unha aproximación á do testador como unha forma de partición particular, e tres capítulos. No primeiro realízase unha comparativa entre a partición do testador e outras disposicións testamentarias: adxudicacións e normas particionais. Desta forma, diferéncianse as tres disposicións e os distintos efectos de cada unha. Finalmente, resólvense as contradicións que estas disposicións poden presentar coa institución en testamento. A máis relevante consiste na contradición da partición coa institución de herdeiro, a cal soluciónase, en principio, a favor da partición. O segundo capítulo xa se centra nun análise profundo dos caracteres e requisitos da partición do testador. En resumo, precísase un testamento que sirva de base á partición e non se esixe realizar esta partición en testamento (cabe a partición en documento separado non testamentario). En principio, non se admite unha partición parcial e é necesario partir bens propios do testador. Con todo, explícase que, baixo determinadas circunstancias, a xurisprudencia permite incluír bens gananciais na partición do testador. Por último, esta partición configúrase como imperativa, de forma que os herdeiros están vinculados por esta. Pese a que non poden prescindir dela, admítese que realicen actos dispositivos que modifican o destino dos bens querido polo causante. Ademais, no Dereito común a partición do testador é un acto persoalísimo e individual , mentres que no Dereito galego regúlase a posibilidade de que os cónxuxes realicen conxuntamente e nun único documento a partición dos seus bens, privativos e comúns. Desta forma, o terceiro capítulo pecha o traballo expoñendo o funcionamento básico da partilla conxunta e unitaria, a cal non se concibe nin se permite no réxime do Código civil.

Description

Traballo Fin de Grao en Dereito Común. (Curso 2016/2017)

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España

Collections