RT Generic T1 A Participación do testador como forma de participación: réxime xurídico e comparativa con outras disposicións particionais A1 Carrete Pardal, Xudit K1 Participación do testador K1 Normas particionais K1 Adxudicacións K1 Sucesión testada K1 Documento extratestamentario K1 Bens gananciais K1 Dereito civil de Galicia K1 Participación conxunta unitaria AB O tema central deste traballo é a partición polo testador. Fundamentalmente, analízanse os aspectos que maior problemática práctica presenta este tipo concreto de partición. A tal efecto , divídese nunha introdución, a cal fai unha aproximación á do testador como unha forma de partición particular, e tres capítulos.No primeiro realízase unha comparativa entre a partición do testador e outras disposicións testamentarias: adxudicacións e normas particionais. Desta forma, diferéncianse as tres disposicións e os distintos efectos de cada unha.Finalmente, resólvense as contradicións que estas disposicións poden presentar coa institución en testamento.A máis relevante consiste na contradición da partición coa institución de herdeiro, a cal soluciónase, en principio, a favor da partición.O segundo capítulo xa se centra nun análise profundo dos caracteres e requisitos da partición do testador.En resumo, precísase un testamento que sirva de base á partición e non se esixe realizar esta partición en testamento (cabe a partición en documento separado non testamentario).En principio, non se admite unha partición parcial e é necesario partir bens propios do testador. Con todo, explícase que, baixo determinadas circunstancias, a xurisprudencia permite incluír bens gananciais na partición do testador.Por último, esta partición configúrase como imperativa, de forma que os herdeiros están vinculados por esta. Pese a que non poden prescindir dela, admítese que realicen actos dispositivos que modifican o destino dos bens querido polo causante.Ademais, no Dereito común a partición do testador é un acto persoalísimo e individual , mentres que no Dereito galego regúlase a posibilidade de que os cónxuxes realicen conxuntamente e nun único documento a partición dos seus bens, privativos e comúns.Desta forma, o terceiro capítulo pecha o traballo expoñendo o funcionamento básico da partilla conxunta e unitaria, a cal non se concibe nin se permite no réxime do Código civil. YR 2017 FD 2017 LK http://hdl.handle.net/10347/16378 UL http://hdl.handle.net/10347/16378 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Dereito Común. (Curso 2016/2017) DS Minerva RD 23 abr 2026