Relación do ritmo alfa coa memoria de traballo e a demanda de recursos cognitivos no envellecemento san e con deterioracióncognitiva lixeira
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A actividade oscilatoria na banda alfa tense relacionado co mantemento da información en memoria de traballo xogando tanto un papel inhibitorio en rexións irrelevantes para o procesamento da información como un papel facilitador da comunicación neural en rexións relevantes. Non obstante, hai unha escaseza de literatura sobre o seu papel nos cambios que acompañan ao envellecemento, tanto san como con deterioro cognitivo lixeiro (DCL). Dado que a memoria de traballo é unha das funcións cognitivas que se ve máis afectada tanto no envellecemento san como con DCL; nesta tese de doutoramento estudaremos a actividade alfa en fontes neurais durante o mantemento de información visoespacial en memoria de traballo, e ante diferentes niveis de demanda cognitiva, en mozos universitarios e en maiores cognitivamente sans e con DCL amnésico (DCLa). Os resultados obtidos sinalan que a actividade alfa en mozos actúa inhibindo rexións irrelevantes para a memoria de traballo; mentres que en maiores cognitivamente sans non só inhibe rexións irrelevantes, senon qué a menores niveis de demandas cognitiva tamén actúa como facilitador en rexións relevantes. Pola súa parte, os maiores con DCLa parecen non poder modular de maneira efectiva a súa actividade alfa, pois semellan inhibir rexións corticais relevantes para a tarefa. Á súa vez, observamos que o esforzo cognitivo previo parece afectar á actividade alfa espontánea en maiores cognitivamente sans pero non en maiores con DCLa; pois a actividade alfa en repouso relacionouse co rendemento e ca función cognitiva global nos primeiros, pero non nos maiores con DCLa.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional







