Notas sobre a onomástica medieval da terra de Bergantiños
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Consello da Cultura Galega
Instituto da Lingua Galega
Instituto da Lingua Galega
Abstract
O presente traballo ten como obxectivo facer unha breve análise dalgunhas formas onomásticas bergantiñás presentes en sete documentos medievais inéditos (datados entre
1423 e 1487) que, procedentes do desaparecido mosteiro benedictino de San Mamede de Seavia, están custodiados no arquivo do mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares. Aínda que este traballo vai ser presentado como unha comunicación no congreso que conmemora os 25 anos da creación do Instituto da Lingua Galega, as súas orixes remóntanse moito máis atrás, concretamente ós comezos dos cursos de doutoramento do bienio 1995-97, que foi cando emprendémo-la difícil tarefa de lectura e transcrición dos sete documentos mencionados. Baseándonos na lectura feita, o que pretendemos é aproveitar algúns topónimos e antropónimos que aparecen neses documentos para facer un estudio deles, e dar así, unha pequena visión de cómo era o sistema de denominación persoal e as formas toponímicas nunha zona da comarca bergantiñá nun período de tempo concreto como é o do
século XV. Para poder conseguir este fin, baseámonos principalmente nos sete documentos
obxecto de estudo. Tales documentos teñen unha grande importancia, xa que nos proporcionan información sobre unha zona da xeografía galega da que case non temos
referencias medievais, por tratarse dunha zona periférica dependente da diocese de Santiago e por non existir nela congregacións monacais importantes que puidesen achegarnos documentos referentes á Idade Media. Ademais, tamén consultámo-las máis importantes coleccións documentais medievais galegas publicadas, que nos permitiron ir vendo, na maioría dos casos, os distintos estadios que presentaron ó longo da súa evolución as formas antroponímicas e toponímicas estudiadas. De grande axuda nos foron, no caso da toponimia, determinados mapas topográficos do Instituto Xeográfico Nacional, que nos deron unha visión de conxunto da zona á que se refiren os documentos e grazas ós cales puidemos coñece-la localización actual dos topónimos.
Description
Bibliographic citation
Aira González, Raquel (2004). Notas sobre a onomástica medieval da terra de Bergantiños. En "A lingua galega: historia e actualidade" (vol. 3, pp. 459-473). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: Instituto da Lingua Galega



