O sector lácteo en Galicia: dinámica recente e perspectivas nun mercado liberalizado
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
O traballo divídese en tres grandes apartados un primeiro no cal se aborda cal é o peso do sector lácteo, sector produtor máis industria, na economía galega aportando os datos de Valor Engadido Bruto (VEB) e emprego, a súa vez estes datos serán comparados cos datos a nivel estatal. Na importancia que hoxe ten o sector lácteo en lácteo en Galicia tivo unha influencia moi importante a Política Agraria Común (PAC), polo cal se abordara brevemente cal foi a súa evolución e como esta afectou o sector. O segundo apartado está dedicado a estudar cal é a situación do sector produtor, definindo cal é a estrutura produtiva das explotacións en Galicia, analizando as problemáticas que presenta e as súas posibles solucións. Neste apartado tamén se inclúe unha comparativa de Galicia como rexión produtora tanto a nivel nacional coma europeo, vendo deste xeito que a nosa Comunidade é unhas das rexións lácteas máis importantes a nivel europeo. Por último no terceiro apartado analízase a situación da industria láctea galega. Para isto estúdanse as principais variables da mesma, VEB, emprego, volume de vendas, a partires deste análise comparativo coa industria española e europea, dedúcense cales son os principais problemas desta en Galicia: debilidade da industria transformadora, en contraste cun sector transformador moi potente e especialización en produtos de baixo valor engadido, (leite envasado). Unha vez analizados os problemas do sector transformador propóñense algunhas solución que van na liña de diversificar a produción da industria cara a elaboración de produtos de maior valor engadido. A extensión do traballo é de 9.993 palabras.
Description
Traballo Fin de Grao en Economía








