O impacto da reforma laboral de 2022 no perfil dos traballadores fixos descontinuos: análise empírica para Galicia
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O presente traballo pretende analizar o impacto que puido ter a reforma laboral de 2022 sobre a figura dos traballadores fixos descontinuos na comunidade autónoma de Galicia. En concreto, analízase o perfil que tiñan estes nos anos 2019, 2021 e 2024 e compárase o seu perfil e a súa evolución co dos traballadores temporais para ver se houbo cambios relevantes en torno ás variables elixidas (sexo, idade, nivel de estudos, lugar de nacemento e ocupación). En teoría, a reforma laboral mellorou significativamente as condicións laborais deste tipo de contratación, porén, como afectou aos diferentes colectivos do mercado laboral galego é unha cuestión aínda aberta, sen unha resposta clara. Ademais, o impacto da reforma pode ter diferenzas territoriais relevantes, por iso se analizará se os resultados obtidos para Galicia son ou non similares aos observados noutros territorios de aplicación da norma. Complétase a análise estudando o posible impacto da reforma sobre o perfil dos traballadores fixos permanentes en Galicia, dado que parte da redución da contratación temporal ten suposto tamén o aumento deste tipo de contratación. Toda a análise realizada baséase nos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), que foron tratados para obter as estatísticas necesarias e así poder sacar as conclusións que se expoñen neste traballo.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International







