Auga reciclada: fomento da aceptación pública a través dun modelo axiolóxicoconsecuencialista

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A escaseza de auga constitúe un problema a nivel global. Os recursos hídricos existentes non son suficientes para facer fronte á crecente demanda. Polo tanto, é necesario buscar fontes de auga alternativas. Unha solución prometedora é a reciclaxe de augas residuais. A auga reciclada é unha solución medioambientalmente respectuosa e economicamente viable para aliviar a presión sobre os recursos de auga potable dispoñibles. Pode ser utilizada para diversos usos que implican distintos graos de contacto, dende regar ou lavar o coche ata ducharse ou beber. Porén, o problema máis significativo para a súa implementación é a falta de aceptación pública. Neste traballo analizáronse as variables psicosociais que afectan á aceptación da auga reciclada para distintos usos, a través dun cuestionario que responderon 400 persoas galegas. Elaborouse un modelo de ecuacións estruturais (SEM) que permitiu identificar dúas vías cognitivas para a aceptación: unha vía axiolóxica, guiada pola obriga moral, e unha consecuencialista, centrada na eficacia percibida da solución. Estas vías interactúan entre si, e vense influídas tanto pola distancia psicolóxica ante a escaseza como pola confianza depositada nas institucións. O modelo tivo un bo axuste e capacidade preditiva para explicar tanto usos de alto contacto (R2 = .65) como de baixo contacto (R2 = .50). A eficacia foi a variable máis relevante á hora de predicir a aceptación en ambos casos. Discútense as implicacións destes resultados para a intervención, e ofrécense estratexias para fomentar un uso máis sostible dos recursos hídricos dispoñibles
Water scarcity is a global issue. Existing water resources fall short of meeting the growing demand. Therefore, it is necessary to explore alternative water sources. One promising solution is wastewater recycling. Recycled or reclaimed water is an environmentally friendly and economically viable approach, which can alleviate the strain on the available potable water supply. Recycled water can serve a range of purposes, from car washing and irrigation to showering and drinking. However, the most significant hurdle to its implementation is the lack of public acceptance. In this study, several psychosocial variables affecting recycled water acceptance were analyzed through a questionnaire, which comprised a sample of 400 Galician people. Through the development of a structural equation model (SEM), two cognitive pathways were identified: the axiological pathway, driven by moral obligation, and the consequentialist pathway, centered around the perceived efficacy of the solution. These pathways interact with each other and are influenced by factors such as psychological distance from scarcity and trust in institutions. The model exhibited a good fit and demonstrated great predictive ability in explaining acceptance levels for both highcontact (R2 = .65) and low-contact uses (R2 = .50). Efficacy emerged as the most significant variable in predicting acceptance in both cases. The implications of these findings for intervention are discussed, and some strategies are proposed to foster the adoption of more sustainable practices in utilizing available water resources

Description

Traballo de Fin de Máster Universitario en Psicoloxía. Curso 2022-2023

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International