A oferta formativa de Formación Profesional Dual en centros públicos en Galicia
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela
Abstract
A Formación Profesional Dual atópase regulada polo Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual. Segundo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a FPD é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo. Como sinala a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para acceder a esta modalidade de formación profesional é preciso cumprir os requisitos que se resumen na ilustración 1 e que se expoñen con máis detalle a continuación: Ter entre dezaoito anos (ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo) e vinte e nove anos no momento de inicio do ciclo formativo. Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto. Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar. Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Mariño Fernández, R. e Queiruga Santamaría, O. (2017). A oferta formativa de Formación Profesional Dual en centros públicos en Galicia. En: Valcarce Fernández, M., Diz López, M.J. e Rial Sánchez, A. F. (coord.). A formación profesional dual: dúos ou duetos. Actas do XIX Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo (p. 571-592). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela








