Clausus est Ianus : Augusto e a transformación do noroeste hispano

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Coa presentación deste volume, damos comezo a unha nova colección monográfica con vocación de continuidade que, baixo o título de philtáte, dará cabida no futuro á publicación de estudos inéditos sobre a antiga Callaecia e a propia Lucus Augusti. Tal e como os responsables do coloquio e editores científicos destas actas explican no prólogo, escolleron este título por ser o nome dunha escrava turinesa asentada na cidade lucense e cuxa inscrición funeraria, da que intencionadamente foron borradas algunhas liñas, se conserva no Museo Provincial de Lugo. Entenden os promotores da colección que o nome simboliza os obxectivos que se queren acadar con esta iniciativa: a apertura da cidade ao mundo e a mellora no coñecemento dun período de incomparable importancia para o asentamento e formación da cidade de Lugo, do territorio que hoxe é a súa provincia e da Galicia que hoxe coñecemos; un traballo que obriga a unha reinterpretación constante dos datos e un enorme esforzo de investigación e divulgación

Description

Keywords

Bibliographic citation

DOPICO CAÍNZOS, M.ª D., VILLANUEVA ACUÑA, M. (eds.). "Clausus est Ianus. Augusto e a transformación do noroeste hispano. Philtáte 1. Studia et acta antiquae Callaeciae": Lugo: Diputación de Lugo, 2016

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Este volume foi realizado dentro do Proxecto de Excelencia de I+D+i do Ministerio de Economía e Competitividade «As fundacións urbanas de Callaecia e a creación dun novo espazo administrativo» (HAR 2014-51821-P)

Rights

© M. Dolores Dopico Caínzos, M. Villanueva Acuña (eds.) ;© desta edición: Deputación de Lugo © dos textos: os seus autores

Collections