Procesamento analítico en liña de datos medioambientais en arquitecturas Big Data
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A evolución das solucións Big Data nos últimos anos vén de ser exponencial, motivando
un novo enfoque respecto do tratamento de grandes cantidades de información que
non poden ser procesadas ou analizadas con ferramentas tradicionais. Ditas solucións
constitúen o fundamento dos modernos sistemas de apoio á toma de decisións (DSS) en
diversos dominios de aplicación, como por exemplo a análise do mercado levada a cabo
por unha aeroliña ou a monitorización e xestión do sistema de saúde dun territorio.
Entre eses dominios podemos destacar a análise de datos medioambientais, xerados
principalmente por sensores ou por software de modelado de datos, como poden ser as
medicións físicas realizadas por estacións meteorolóxicas ou as características medioambientais dun determinado espazo xeográfico. Neste eido podemos identificar
dous grandes tipos de datos: dunha banda existen mostraxes de propiedades específicas
sobre espazos multidimensionais, e doutra banda existen entidades que representan
propiedades específicas de obxectos que poden evolucionar ó longo do tempo.
As tecnoloxías dispoñibles na actualidade para a análise destes dous grandes tipos de
datos son os xestores de bases de datos relacionais (RDBMS) e un subgrupo de solucións
Big Data (por exemplo, bases de datos NoSQL e ecosistemas tipo Hadoop) para o caso
das entidades, e solucións ad-hoc sobre arquivos de arrays xunto con scientific array
data managers (por exemplo, SciDB ou Rasdaman) para o caso das mostraxes. Sen embargo, non existe no mercado ningunha tecnoloxía que posibilite a xestión integrada e uniforme de ambos tipos de datos. No eido destas preocupacións xorde esta proposta de traballo de fin de grao para a cal nos propoñemos como obxectivo principal a elaboración unha solución baseada en tecnoloxías Big Data para a análise integrada de datos de entidades e mostraxes no ámbito da avaliación do risco de incendio forestal.
Description
Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática. Curso 2015-2016
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional








