RT Generic T1 Procesamento analítico en liña de datos medioambientais en arquitecturas Big Data A1 Ferrón Lea, Diego K1 Big Data K1 Análise de información K1 Toma de decisións K1 Análise de datos K1 Bases de datos AB A evolución das solucións Big Data nos últimos anos vén de ser exponencial, motivandoun novo enfoque respecto do tratamento de grandes cantidades de información quenon poden ser procesadas ou analizadas con ferramentas tradicionais. Ditas soluciónsconstitúen o fundamento dos modernos sistemas de apoio á toma de decisións (DSS) endiversos dominios de aplicación, como por exemplo a análise do mercado levada a cabopor unha aeroliña ou a monitorización e xestión do sistema de saúde dun territorio.Entre eses dominios podemos destacar a análise de datos medioambientais, xeradosprincipalmente por sensores ou por software de modelado de datos, como poden ser asmedicións físicas realizadas por estacións meteorolóxicas ou as características medioambientais dun determinado espazo xeográfico. Neste eido podemos identificardous grandes tipos de datos: dunha banda existen mostraxes de propiedades específicassobre espazos multidimensionais, e doutra banda existen entidades que representanpropiedades específicas de obxectos que poden evolucionar ó longo do tempo.As tecnoloxías dispoñibles na actualidade para a análise destes dous grandes tipos dedatos son os xestores de bases de datos relacionais (RDBMS) e un subgrupo de soluciónsBig Data (por exemplo, bases de datos NoSQL e ecosistemas tipo Hadoop) para o casodas entidades, e solucións ad-hoc sobre arquivos de arrays xunto con scientific arraydata managers (por exemplo, SciDB ou Rasdaman) para o caso das mostraxes. Sen embargo, non existe no mercado ningunha tecnoloxía que posibilite a xestión integrada e uniforme de ambos tipos de datos. No eido destas preocupacións xorde esta proposta de traballo de fin de grao para a cal nos propoñemos como obxectivo principal a elaboración unha solución baseada en tecnoloxías Big Data para a análise integrada de datos de entidades e mostraxes no ámbito da avaliación do risco de incendio forestal. YR 2016 FD 2016-07 LK http://hdl.handle.net/10347/26550 UL http://hdl.handle.net/10347/26550 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática. Curso 2015-2016 DS Minerva RD 26 abr 2026