Os arquivos do tempo: reconstrución paleoambiental aplicada a contextos arqueolóxicos
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Esta tese aborda a aplicación metodolóxica das Ciencias da Terra á
Arqueoloxía, dende o marco teórico da Edafoarqueoloxía e Reconstrución Paleoambiental aplicada a contextos
arqueolóxicos. Preséntase a modo de compendio de artigos e desenvolve a análise de sinais de cambio ambiental
en arquivos edafo-sedimentarios (xeoindicadores) de dous contextos arqueolóxicos (sector continental
mediterráneo de época Neolítica vs sector litoral atlántico de época romana). Combina a información físicoquímica,
composicional e mineralóxica destes arquivos coa obtida doutros proxies ambientais e do estudo
cronolóxico (14C), interpretando a partir de modelos de evolución actual, os cambios ambientais no pasado e a
súa relación coa actividade humana.
Esta liña de investigación xorde como resposta á Arqueoloxía de urxencia e á necesidade de estandarizar os
estudos de reconstrución paleoambiental aplicados a contextos arqueolóxicos. Os resultados obtidos amosan
dous sectores amplamente contrastados. Por unha banda o sector mediterráneo, asociado ao xacemento de Les
Alcusses (Valencia), de alta relevancia por ser unha área pioneira en asentamentos dos primeiros gandeiros/
agricultores. Estúdase coa perspectiva de atopar indicios de cultivo para época Neolítica. Para este sector obtívose
unha secuencia edáfica formado por VI ciclos, desenvolta sobre materiais carbonatados e que abrangue un rango
cronolóxico dende o 8.7/8.5 ata o1.6 /1.4 ka cal BP. Os datos físico-químicos, de composición da MO, estudo
antracolóxico e polínico amosan para momento Neolítico un nivel de solo altamente edafizado e desecarbonatado,
desenvolto nun medio con baixa incidencia de lumes e clima predominantemente cálido e húmido. Condicións que
favorecen o asentamento humano e desenvolvemento do cultivo. Os datos polínicos e de composición da MO
tamén inciden no cambio da vexetación no medio, de abundancia arbórea a prados. En xeral identifícase o
aumento da presión antrópica no medio dende época Neolítica en diante, paralelamente a cambios no clima cara
un medio máis árido e seco, con alta predominancia de procesos erosivos.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








