RT Dissertation/Thesis T1 Os arquivos do tempo: reconstrución paleoambiental aplicada a contextos arqueolóxicos A1 Tallón Armada, Rebeca K1 edafoarqueoloxía K1 xeoquímica K1 reconstrucción paleoambiental K1 aplicación multiproxy AB Esta tese aborda a aplicación metodolóxica das Ciencias da Terra áArqueoloxía, dende o marco teórico da Edafoarqueoloxía e Reconstrución Paleoambiental aplicada a contextosarqueolóxicos. Preséntase a modo de compendio de artigos e desenvolve a análise de sinais de cambio ambientalen arquivos edafo-sedimentarios (xeoindicadores) de dous contextos arqueolóxicos (sector continentalmediterráneo de época Neolítica vs sector litoral atlántico de época romana). Combina a información físicoquímica,composicional e mineralóxica destes arquivos coa obtida doutros proxies ambientais e do estudocronolóxico (14C), interpretando a partir de modelos de evolución actual, os cambios ambientais no pasado e asúa relación coa actividade humana.Esta liña de investigación xorde como resposta á Arqueoloxía de urxencia e á necesidade de estandarizar osestudos de reconstrución paleoambiental aplicados a contextos arqueolóxicos. Os resultados obtidos amosandous sectores amplamente contrastados. Por unha banda o sector mediterráneo, asociado ao xacemento de LesAlcusses (Valencia), de alta relevancia por ser unha área pioneira en asentamentos dos primeiros gandeiros/agricultores. Estúdase coa perspectiva de atopar indicios de cultivo para época Neolítica. Para este sector obtívoseunha secuencia edáfica formado por VI ciclos, desenvolta sobre materiais carbonatados e que abrangue un rangocronolóxico dende o 8.7/8.5 ata o1.6 /1.4 ka cal BP. Os datos físico-químicos, de composición da MO, estudoantracolóxico e polínico amosan para momento Neolítico un nivel de solo altamente edafizado e desecarbonatado,desenvolto nun medio con baixa incidencia de lumes e clima predominantemente cálido e húmido. Condicións quefavorecen o asentamento humano e desenvolvemento do cultivo. Os datos polínicos e de composición da MOtamén inciden no cambio da vexetación no medio, de abundancia arbórea a prados. En xeral identifícase oaumento da presión antrópica no medio dende época Neolítica en diante, paralelamente a cambios no clima caraun medio máis árido e seco, con alta predominancia de procesos erosivos. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/28764 UL http://hdl.handle.net/10347/28764 LA glg DS Minerva RD 27 abr 2026