Análise de estratexias de aprendizaxe federada robustas a datos heteroxéneos
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A aprendizaxe federada (AF) permite adestrar modelos de forma descentralizada sen compartir datos sensibles, mais sofre importantes limitacións en contextos con datos heteroxéneos. Os algoritmos tradicionais tenden a fallar na xeneralización global ou na personalización local. Este traballo presenta FLProtector, un marco dual no que cada cliente aprende un incremento local sobre un modelo global compartido, e decide dinamicamente que modelo utilizar en inferencia mediante un autoencoder adestrado localmente para detectar entradas fóra de distribución. Ademais, FLProtector incorpora un mecanismo de agregación robusto baseado na consistencia de gradientes, que atenúa a influencia de clientes con actualizacións que se desvían do rumbo global agardado. A proposta é avaliada baixo distintos niveis de heteroxeneidade no benchmark Digit-Five, mostrando melloras consistentes fronte métodos clásicos e de personalización do estado da arte, logrando un equilibrio efectivo entre personalización e xeneralización. O sistema mantén o seu rendemento incluso ante clientes estritamente maliciosos, e o estudo por capas confirma a relevancia de cada unha das súas compoñentes. Por último, a proposta salienta por non requerir unha sintonización sensible de hiperparámetros, o que facilita a súa aplicabilidade en escenarios reais
Description
Traballo de Fin de Máster Universitario en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data. Curso 2024-2025
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International








