Nonparametric data-driven methods for set estimation
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A estimación de conxuntos abre un capítulo relativamente recente da estatística matemática onde a xeometría xoga un papel moi relevante. Esta teoría ten como finalidade estimar un conxunto no espazo Euclidiano a partir dunha mostra aleatoria de puntos cuxa distribución está intimamente relacionada con el. A resolución deste tipo de problemas ten aplicacións interesantes na análise clúster, en control de calidade ou na análise de imaxes para reconstruir, por exemplo, o hábitat dunha planta ou dunha especie animal.
Neste traballo centrarémonos no problema de estimación do soporte e de conxuntos de nivel para unha función de densidade. Existen distintos métodos na literatura dependendo das condicións de forma asumidas sobre o conxunto a reconstruir. Se non dispoñemos de ningunha información a priori, será preciso considerar estimadores flexibles que nos permitan abordar eficientemente a maior cantidade de situacións posibles. Noutro caso, se nos restrinximos a unha familia de conxuntos a estimar, poderemos traballar con estimadores máis sofisticados, que se adapten mellor as restricións xeométricas establecidas. A marioría destes estimadores dependen fortemente da elección de parámetros de suavizado ao igual que sucede no contexto da estimación funcional non paramétrica. O obxectivo principal desta tese consiste en estimalos de xeito automático e consistente para, logo, analizar o comportamento teórico dos estimadores resultantes dos conxuntos a reconstruir.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl







