Educación Ambiental, Movemento en Transición e Sustentabilidade Universitaria. Estudo comparado de tres iniciativas pioneiras: USC en Transición, Transition Edinburgh University e UMinho in Transition

dc.contributor.advisorIglesias da Cunha, María Lucía
dc.contributor.advisorMeira Cartea, Pablo
dc.contributor.authorPardellas Santiago, Miguel
dc.contributor.otherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación. Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
dc.coverage.spatialeast=-8.5454287; north=42.879405; name=Universidade de Santiago de Compostela
dc.coverage.spatialeast=-3.1892413; north=55.9445158; name=University of Edinburgh
dc.coverage.spatialeast=-8.426350099999999; north=41.5509913; name=Universidade do Minho (Braga, Portugal)
dc.date.accessioned2016-05-19T10:30:20Z
dc.date.available2016-05-19T10:30:20Z
dc.date.issued2016-05-19
dc.description.abstractOs anos sesenta constitúen o escenario temporal no que a crise ambiental emerxe como incipiente ameaza para o modelo de civilización dominante. Neste contexto, os movementos sociais –nomeadamente o movemento ecoloxista– e a Educación Ambiental teñen xogado un papel determinante, tanto na divulgación da propia crise, como na articulación de alternativas teórico-prácticas para enfrontala individual e colectivamente. O comezo do século XXI arroxa un alude de acontecementos que acaban por facer agromar unha incipiente fornada de novísimos movementos socias. O movemento en transición –cara a un mundo sen petróleo– é un deles, conformando un modelo de actuación competente na xeración de comunidades resilientes; isto é, capaces de reaccionar e adaptarse cos seus propio medios a condicións adversas. Porén, o carácter arquetípico da transición contrasta coa pouca atención que recibe a dimensión educativa na súa proposta e a manifesta nula vinculación co campo da Educación Ambiental. Co obxectivo de valorar o potencial do modelo da transición, desenvolveuse un estudo de caso múltiple no que comparar as iniciativas postas en marcha nas Universidades de Santiago de Compostela, Edimburgo e Minho. Deste xeito, a investigación articulouse ao redor dos elementos que caracterizaran estas experiencias pioneiras como procesos de transición, procesos participativos e procesos educativos. Como resultado da análise, o que fraguou como sospeita deu lugar á evidencia: os procesos de ambientalización universitarios están sometidos a un “teito de cristal” que impide cambios estruturais en clave de sustentabilidade. As tres iniciativas en transición estudadas non foron quen de xerar cambios integrais nas dinámicas das súas respectivas Universidades. A debilidade na formulación do modelo educativo do movemento en transición, non consta como un elemento determinante no fracaso relativo, mais si pode ser un factor a ter en conta. Neste proceso de desexar maiores acertos, a Educación Ambiental debe facer valer a súa traxectoria.gl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/14758
dc.language.isoglggl
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectmovemento ecoloxistagl
dc.subjecteducación ambientalgl
dc.subjectmovemento en transicióngl
dc.subjectsustentabilidade universitariagl
dc.subjectteito de cristalgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5801 Teoría y métodos educativos::580104 Teorías educativasgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::58 Pedagogía::5802 Organización y planificación de la educación::580202 Organización y dirección de las instituciones educativasgl
dc.titleEducación Ambiental, Movemento en Transición e Sustentabilidade Universitaria. Estudo comparado de tres iniciativas pioneiras: USC en Transición, Transition Edinburgh University e UMinho in Transitiongl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication14406755-4b60-4043-ac55-ab5f05b72909
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery14406755-4b60-4043-ac55-ab5f05b72909

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
rep_1173.pdf
Size:
31.22 MB
Format:
Adobe Portable Document Format