Galeguismo, humanismo e desenvolvemento: o pensamento militante de Xaime Isla Couto
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Esta tese doutoral realiza a primeira presentación sistemática do
pensamento do intelectual galeguista Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915- Vigo, 2012) para
enmarcalo no ámbito da Historia do Pensamento Galego. A hipótese da investigación establece que Xaime Isla
constitúe un dos principais representantes no século XX do personalismo comunitario e do humanismo cristián na
tradición galeguista da Historia do Pensamento Galego no seo dun proxecto intelectual de elaboración das bases
dunha reflexión crítica verbo do nacionalismo e o galeguismo e verbo do modelo hexemónico de desenvolvemento
capitalista. Consonte ao esquema dual establecido polo profesor Xosé L. Barreiro Barreiro no seu libro "Pensar en
Galicia. Identidade na diferencia", o pensamento de Xaime Isla profundou na cuestión de Galicia como problema
así como nos problemas de Galicia. Xa que logo, ao longo da súa obra combina un labor de fundamentación
teórica dun marco crítico para a análise de Galicia e o seus problemas ao tempo que realiza propostas de reforma
e transformación en todos os niveis da vida política, social e cultural galegas.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








