RT Dissertation/Thesis T1 Galeguismo, humanismo e desenvolvemento: o pensamento militante de Xaime Isla Couto A1 Pastoriza Rozas, Xosé Luís K1 Xaime Isla Couto K1 Galeguismo K1 Humanismo K1 Desenvolvemento K1 Historia do Pensamento Galego K1 Filosofía galega AB Esta tese doutoral realiza a primeira presentación sistemática dopensamento do intelectual galeguista Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915- Vigo, 2012) paraenmarcalo no ámbito da Historia do Pensamento Galego. A hipótese da investigación establece que Xaime Islaconstitúe un dos principais representantes no século XX do personalismo comunitario e do humanismo cristián natradición galeguista da Historia do Pensamento Galego no seo dun proxecto intelectual de elaboración das basesdunha reflexión crítica verbo do nacionalismo e o galeguismo e verbo do modelo hexemónico de desenvolvementocapitalista. Consonte ao esquema dual establecido polo profesor Xosé L. Barreiro Barreiro no seu libro "Pensar enGalicia. Identidade na diferencia", o pensamento de Xaime Isla profundou na cuestión de Galicia como problemaasí como nos problemas de Galicia. Xa que logo, ao longo da súa obra combina un labor de fundamentaciónteórica dun marco crítico para a análise de Galicia e o seus problemas ao tempo que realiza propostas de reformae transformación en todos os niveis da vida política, social e cultural galegas. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/27564 UL http://hdl.handle.net/10347/27564 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026