As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960

dc.contributor.advisorGurriarán Rodríguez, Ricardo
dc.contributor.advisorPrieto Estévez, Gerardo
dc.contributor.advisorBermejo Patiño, Manuel Rafael
dc.contributor.authorPintos Barral, Xoana
dc.contributor.otherUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Química. Departamento de Física Aplicada. Programa de Doutoramento Historia das Ciencias e das Técnicas
dc.coverage.spatialeast=-8.5454287; north=42.879405; name=Universidade de Santiago de Compostela
dc.date.accessioned2016-05-19T11:12:07Z
dc.date.available2016-05-19T11:12:07Z
dc.date.issued2016-05-19
dc.description.abstractO obxectivo principal deste traballo era coñecer como se producira o acceso feminino aos estudos experimentais na Universidade de Santiago dende a promulgación da R.O. de 8 de marzo de 1910 que recoñecía o dereito das mulleres a cursar estudos libremente nos centros oficiais de ensino. Un segundo aspecto consistía en darlles visibilidade como parte integrante desta institución educativa superior, a única existente en Galicia naquel momento. Nunha primeira parte desenvolvemos un marco teórico sobre a perspectiva de xénero, estudos de xénero e conceptos clave. Na segunda expoñemos o marco histórico con referencia á educación superior das mulleres. Finalmente na terceira parte, afondamos na análise da presenza das mulleres nas facultades de Ciencias, Medicina e Farmacia, únicas facultades experimentais na US no momento do noso estudo. O método empregado foi a análise dos libros de rexistro de matrícula que se encontran no Arquivo Histórico Universitario, examinando tamén outra documentación neste e noutros arquivos. Habería que xustificar o acoutamento da tese entre 1910 e 1960 en función da restritiva lexislación vixente sobre o uso documental e persoal. As alumnas procedían principalmente de áreas urbanas, gardando especial relación co emprazamento de centros de ensino medio. O perfil familiar das estudantes era de clase media/ media alta, observando baixa representación das rendas máis baixas. O éxito académico foi elevado entre as matriculadas nas primeiras décadas, en especial entre as alumnas de Medicina. Dende o curso académico 1928-29 a US supera á media universitaria española en poboación feminina, colocándose á cabeza, a partires de 1939. As diferenzas máis significativas aparecen na Facultade de Ciencias, sendo a que reflicte maior incremento de matrícula entre 1942-1958. Non puidemos saber se todas estas mulleres acadaron os seus obxectivos profesionais pero puidemos seguir algúns percorridos vitais que aparecen no apartado de Itinerarios de mulleres máis significativasgl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/14763
dc.language.isoglggl
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectMulleresgl
dc.subjectCiencias experimentaisgl
dc.subjectEstudos de xénerogl
dc.subjectUniversidadegl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550622 Historia de la cienciagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::63 Sociología::6309 Grupos sociales::630909 Posición social de la mujergl
dc.titleAs mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960gl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication80e0156c-91f5-4211-b8d2-1943075afa6c
relation.isAdvisorOfPublication93ead765-fce8-47ac-908d-d9b38b473a34
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery80e0156c-91f5-4211-b8d2-1943075afa6c

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
rep_1178.pdf
Size:
7.19 MB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: