Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos 70
| dc.contributor.advisor | Ledo Andión, Margarita | |
| dc.contributor.author | Gómez Viñas, Xan | |
| dc.contributor.other | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) | |
| dc.coverage.spatial | east=-8.536814366653518; north=42.871259472679; name=Galicia | |
| dc.date.accessioned | 2016-02-16T07:57:19Z | |
| dc.date.available | 2016-02-16T07:57:19Z | |
| dc.date.issued | 2016-02-16 | |
| dc.description.abstract | O cinema, cómplice e testemuña dos procesos históricos, adoita dar pasos de xigante en tempos de fractura. Na Galiza do tardofranquismo, nun clima de fonda axitación política e cultural, agroman novas expresións fílmicas que, botando man de formatos de gravación non profesional, acuñan por vez primeira o termo “cinema galego”. O presente traballo de investigación procura, por primeiro, achegar unha clasificación tipolóxica das distintas iniciativas de filmación que, na década dos setenta, circulan a través dunha rede de distribución alternativa, composta por cineclubs, teleclubs, asociacións de veciños, parroquias, colexios ou locais sindicais. Desde o filme doméstico, destinado á perpetuación da imaxe da institución familiar, até a expresión militante, que procura un espectador activo e partícipe dos procesos históricos, pasando pola esfera estritamente amateur, que se move arredor de festivais e clubs de cinema afeccionado, procedemos á identificación e análise das principais iniciativas que compoñen a escena cinematográfica do momento. Logo do necesario labor taxonómico, a pesquisa centra o seu foco en tres colectivos de filmación que, ao longo da década, buscan asentar as bases para a creación dunha cinematografía propia para Galiza. A aproximación ao caudal creativo dos grupos Lupa, Imaxe e Enroba permítenos desenvolver un exhaustivo estudo de cadansúas filmografías, ao tempo que detectamos coincidencias e especificidades. A análise comparada dos tres colectivos en termos de estrutura organizativa, escollas formais ou posicionamentos fronte a unha posible profesionalización do sector, lévanos a unha síntese das distintas correntes de pensamento que se sitúan na cerna do cinema galego contemporáneo. | gl |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/13850 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.rights | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl | |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl | |
| dc.subject | Cinema amateur | gl |
| dc.subject | cinema militante | gl |
| dc.subject | Equipo Lupa | gl |
| dc.subject | Grupo Imaxe | gl |
| dc.subject | Enroba | gl |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620301 Cinematografía | gl |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::63 Sociología::6301 Sociología cultural::630101 Evolución cultural | gl |
| dc.title | Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos 70 | gl |
| dc.type | doctoral thesis | gl |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAdvisorOfPublication | 7628b445-0879-4c9f-b0bf-b03e130b21ec | |
| relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery | 7628b445-0879-4c9f-b0bf-b03e130b21ec |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1