'Mistress of Herself'. Aesthetics and Discourses of the New Woman in the Late Victorian Novel
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Esta tese de doutoramento explora a natureza esquiva da Muller Nova en
discursos literarios a través da análise de catro grandes obras de ficción tardovictorianas: Daisy Miller (1878) de
Henry James, The Story of An African Farm (1883) de Olive Schreiner, Keynotes & Discords (1893, 1994) de
George Egerton, e The Heavenly Twins (1893) de Sarah Grand. Servíndose da análise textual e dun enfoque
feminista-postestruturalista do discurso, amosa a Muller Nova coma un espazo conflitivo no que se proxectan
imaxes caleidoscópicas de identidades femininas na fronteira, habitando os intersticios das representacións
culturais da feminidade normativa. Prestando especial atención á construción estética e discursiva destas heroínas
insubmisas, examínanse as contradicións internas e as estratexias narrativas máis eficaces implementadas pola
literatura instalada na oposición no seu obxectivo definitivo de avanzar a axenda política e cambiar o mundo.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








