Construción da Unión Económica e Monetaria: erros dende a perspectiva fiscal
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Coa firma do Tratado da Unión Europea en 1992 iniciouse o camiño cara a constitución da Unión Económica e Monetaria (UEM), o que acabou implicando a perda da soberanía monetaria dos países, tendo case como único instrumento de axuste a política fiscal.
A teoría das Áreas Monetarias Óptimas (AMO) foi ignorada polas autoridades á hora de deseñar o proxecto, o que derivou nunha ausencia de diversos mecanismos para afrontar shocks asimétricos. Isto, xunto cun marco de gobernanza débil con mecanismos de supervisión deficientes e incapaces de xestionar a crise, abriu o debate entorno a viabilidade da UEM. Por tanto, este Traballo de Fin de Grao presenta o proceso de construción da UEM, facendo fincapé na estrutura sobre a que esta se asenta, analizando os erros que se cometeron dende a perspectiva fiscal ó mesmo tempo que se recollen as medidas adoptadas e que se barallan adoptar para corrixir a falta de integración nese punto
Description
Traballo Fin de Grao en Economía
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional







