RT Generic T1 Construción da Unión Económica e Monetaria: erros dende a perspectiva fiscal A1 Tuñas Caamaño, Fátima K1 Unión Europea K1 Unión Económica e Monetaria K1 Economía monetaria K1 Integración económica K1 Política fiscal K1 Euro AB Coa firma do Tratado da Unión Europea en 1992 iniciouse o camiño cara a constitución da Unión Económica e Monetaria (UEM), o que acabou implicando a perda da soberanía monetaria dos países, tendo case como único instrumento de axuste a política fiscal.A teoría das Áreas Monetarias Óptimas (AMO) foi ignorada polas autoridades á hora de deseñar o proxecto, o que derivou nunha ausencia de diversos mecanismos para afrontar shocks asimétricos. Isto, xunto cun marco de gobernanza débil con mecanismos de supervisión deficientes e incapaces de xestionar a crise, abriu o debate entorno a viabilidade da UEM. Por tanto, este Traballo de Fin de Grao presenta o proceso de construción da UEM, facendo fincapé na estrutura sobre a que esta se asenta, analizando os erros que se cometeron dende a perspectiva fiscal ó mesmo tempo que se recollen as medidas adoptadas e que se barallan adoptar para corrixir a falta de integración nese punto YR 2018 FD 2018 LK http://hdl.handle.net/10347/19032 UL http://hdl.handle.net/10347/19032 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Economía DS Minerva RD 24 abr 2026