Estudio del sistema del interferón en células aviares infectadas con el reovirus aviar S1133
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Os reovirus aviarios son virus sen envoltura lipídica e xenoma de ARN bicatenario que
infectan a aves, causando enfermidades coma a artrite infecciosa ou a síndrome de
malabsorción. Neste traballo estudouse a resposta inmune innata que este virus desencadea en
dous tipos celulares do seu hospedador natural, o polo, e comparouse coa xerada por outros
virus coma o virus vaccinia e o virus da estomatite vesicular. O reovirus aviario é o único dos
virus estudados capaz de inducir a produción de interferón (IFN) e aumentar os niveis da
proteína quinasa R (PKR) en cultivos primarios de fibroblastos embrionarios de polo (CEF),
mentres que é incapaz de facelo na liña celular DF1 derivada destes, o que podería depender de
diferenzas nos niveis dos receptores de recoñecemento de patrón (PRRs) ou a unha menor
eficiencia de infección destas células. A indución de IFN en CEF infectadas co reovirus aviario
depende da decapsidación do virus pero non da expresión dos seus xenes. O reovirus aviario é
resistente ao IFN e é capaz de impedir a activación de PKR e a fosforilación de eIF2, ao
contrario que os outros dous virus estudados. Esta capacidade para impedir a activación de PKR
depende da capacidade da proteína A para unir ARN bicatenario. Por outra banda, observouse
que o pretratamento con IFN de células DF1 aumenta a cantidade de células infectadas co
reovirus aviario mediante un mecanismo independente da activación das caspasas. Finalmente,
estudáronse algúns posibles mecanismos da inhibición da síntese das proteínas celulares durante
a infección con reovirus aviario.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl







