RT Dissertation/Thesis T1 Estudio del sistema del interferón en células aviares infectadas con el reovirus aviar S1133 A1 Lostalé Seijo, Irene A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Química. Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular. Centro Singular de Investigación en Química Bioloxíca e Materiais Moleculares (CIQUS), K1 Virus K1 inmunidade innata K1 reovirus aviario K1 interferón K1 proteína quinasa R AB Os reovirus aviarios son virus sen envoltura lipídica e xenoma de ARN bicatenario queinfectan a aves, causando enfermidades coma a artrite infecciosa ou a síndrome demalabsorción. Neste traballo estudouse a resposta inmune innata que este virus desencadea endous tipos celulares do seu hospedador natural, o polo, e comparouse coa xerada por outrosvirus coma o virus vaccinia e o virus da estomatite vesicular. O reovirus aviario é o único dosvirus estudados capaz de inducir a produción de interferón (IFN) e aumentar os niveis daproteína quinasa R (PKR) en cultivos primarios de fibroblastos embrionarios de polo (CEF),mentres que é incapaz de facelo na liña celular DF1 derivada destes, o que podería depender dediferenzas nos niveis dos receptores de recoñecemento de patrón (PRRs) ou a unha menoreficiencia de infección destas células. A indución de IFN en CEF infectadas co reovirus aviariodepende da decapsidación do virus pero non da expresión dos seus xenes. O reovirus aviario éresistente ao IFN e é capaz de impedir a activación de PKR e a fosforilación de eIF2, aocontrario que os outros dous virus estudados. Esta capacidade para impedir a activación de PKRdepende da capacidade da proteína A para unir ARN bicatenario. Por outra banda, observouseque o pretratamento con IFN de células DF1 aumenta a cantidade de células infectadas coreovirus aviario mediante un mecanismo independente da activación das caspasas. Finalmente,estudáronse algúns posibles mecanismos da inhibición da síntese das proteínas celulares durantea infección con reovirus aviario. YR 2015 FD 2015-06-09 LK http://hdl.handle.net/10347/13396 UL http://hdl.handle.net/10347/13396 LA spa DS Minerva RD 24 abr 2026