Investigación sobre o status micromineral da poboación da provincia de Lugo: intervalos de referencia e determinantes dietéticos

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Geographic coverage

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Os microminerais, tanto esenciais como tóxicos, constitúen un grupo de micronutrientes e contaminantes cun papel decisivo na saúde humana. Os primeiros, como ferro, zinc, iodo ou selenio, son indispensables para multitude de procesos metabólicos, incluíndo a defensa antioxidante, o funcionamento do sistema inmune, a regulación tiroidea e o desenvolvemento cognitivo. Pola contra, elementos como mercurio, chumbo, arsénico ou cadmio carecen de función biolóxica coñecida e resultan tóxicos incluso a baixas concentracións. O equilibrio entre a achega suficiente dos esenciais e a mínima exposición aos tóxicos representa, por tanto, un desafío clave en saúde pública a nivel global. As deficiencias dos microminerais esenciais seguen a ser habituais nos países con menos recursos, mentres que nos de ingresos altos obsérvanse cada vez máis déficits subclínicos, así como unha exposición crónica a contaminantes ambientais. Neste contexto, o soro emerxe como unha matriz de gran utilidade para a avaliación do status mineral, ao ofrecer unha medida directa, precisa e escalable mediante técnicas de espectrometría de masas con plasma acoplado (ICP-MS).

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights