RT Dissertation/Thesis T1 Investigación sobre o status micromineral da poboación da provincia de Lugo: intervalos de referencia e determinantes dietéticos A1 Rivas Fernández, Inés K1 microminerais K1 biomarcadores K1 dieta atlántica K1 saúde pública AB Os microminerais, tanto esenciais como tóxicos, constitúen un grupo de micronutrientes e contaminantes cun papel decisivo na saúde humana. Os primeiros, como ferro, zinc, iodo ou selenio, son indispensables para multitude de procesos metabólicos, incluíndo a defensa antioxidante, o funcionamento do sistema inmune, a regulación tiroidea e o desenvolvemento cognitivo. Pola contra, elementos como mercurio, chumbo, arsénico ou cadmio carecen de función biolóxica coñecida e resultan tóxicos incluso a baixas concentracións. O equilibrio entre a achega suficiente dos esenciais e a mínima exposición aos tóxicos representa, por tanto, un desafío clave en saúde pública a nivel global. As deficiencias dos microminerais esenciais seguen a ser habituais nos países con menos recursos, mentres que nos de ingresos altos obsérvanse cada vez máis déficits subclínicos, así como unha exposición crónica a contaminantes ambientais. Neste contexto, o soro emerxe como unha matriz de gran utilidade para a avaliación do status mineral, ao ofrecer unha medida directa, precisa e escalable mediante técnicas de espectrometría de masas con plasma acoplado (ICP-MS). YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/45502 UL https://hdl.handle.net/10347/45502 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026