Catro ensaios de economía da lingua e da cultura

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Este traballo elaborouse para describir fenómenos sociais a partir da análise de variables económicas que afectan á lingua e á cultura. O obxectivo principal é ofrecer unha panorámica do significado da economía da lingua e da cultura en clave rexional e aplicar unha metodoloxía propia das ciencias económicas a fenómenos culturais e lingüísticos. Elaboráronse catro ensaios interrelacionados, pero diferentes, que pretenden dar conta de dous fenómenos culturais e dous lingüísticos, cada un co seu corpo teórico, metodoloxía, hipóteses e resultados propios. O primeiro capítulo, Evolución do sistema produtivo da cultura en Galicia ten por obxectivo delimitar a efectos económicos o ámbito cultural de Galicia e tratar de explicar a súa evolución nos últimos 20 anos. No segundo capítulo, Hábitos culturais en Galicia, o obxectivo é analizar como é a relación da poboación galega coa oferta cultural en Galicia e que variables inciden nun maior ou menor consumo de cultura. O terceiro capítulo, Estimación do impacto económico da cooficialidade do asturiano e do galegoasturiano, ten por obxectivo medir o efecto económico dunha medida de política lingüística como a aprobación dun status legal novo para unha lingua minoritaria no territorio no que se aplica o novo marco normativo. O último capítulo titúlase Influencia das competencias lingüísticas nos salarios en Galicia. O obxectivo deste traballo é determinar como retribúe o mercado de traballo galego a competencia en linguas estranxeiras e tamén en galego

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional