A Reprodución da forza de traballo na sociedade industrial: Unha análise comparada da obra de Karl Marx e Karl Polanyi
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O obxectivo deste traballo é avanzar no deliñamento das bases conceptuais da reproducción da forza de traballo, nas análises de Karl Marx e Karl Polanyi da forza de traballo como mercadoría creadora de plusvalor e mercadoría ficticia, respectivamente. Ambos autores presentan obras de contido e obxectivos moi semellantes, centrándose no papel fundamental do traballo asalariado nas sociedades industriais. Tamén na especificidade do modo de produción capitalista (que por extensión se podería aplicar, aínda que fora parcialmente, ao socialismo real e á súa forma particular de creación do homo economicus), así como polo interese nun programa antropolóxico de longo percorrido que, porén, Polanyi (e os seus discípulos) desenvolverá máis que Marx. Este paralelismo xustifica a análise comparada.
Por outra banda, o interese de ambos pola centralidade do traballo asalariado, e concretamente a insistencia de Polanyi na incompatibilidade entre a mercantilización do traballo e a reprodución social, esixen unha mirada en detalle sobre a maneira de abordar esta cuestión en ambas obras. Unha mirada dende a revisión bibliográfica, fundamentalmente de fontes primarias.
Description
Traballo Fin de Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. Curso 2021-2022
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International







