Do palco ó escenario. Unha aproximación analítica á industria da música nas festas populares de Galicia
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Andavira
Abstract
O presente traballo constitúe unha primeira aproximación á industria da música nas
festas populares de Galicia desde o eido universitario, unha tarefa de investigación
pendente pois ata o de agora os estudos que se achegaron ó mundo das orquestras de
baile e ás festas con verbena fixérono baseándose unicamente en suposicións e
estimacións de axentes actuantes no sector, dada a complexidade de obter datos como o
número de actuacións das orquestras, a cifra de integrantes das mesmas ou a propia
cantidade total de formacións musicais existentes con sede na comunidade.
Do palco ó escenario constitúe o primeiro proxecto que intenta abordar a análise do
sector baseándose en datos reais e achegando as visións do mesmo que teñen todas as
diferentes partes involucradas: desde integrantes de comisións de festas ata artistas e
representantes de empresas.
Esta primeira análise realizouse sobre o ano 2010 e debido ás propias características
do sector e ás circunstancias que se explican ó longo das páxinas sabemos que é un
estudo introdutorio, polo que estimamos que debe ser considerada soamente como unha
primeira aproximación á realidade das orquestras en Galicia. Entendemos que sería
desexable ampliar e continuar estudando a evolución do sector nos anos 2011 e 2012 para
poder amosar unha imaxe do mesmo moito máis fiable e plural.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Publisher version
https://culturagalega.gal/imaxes/docs/do_palco_o_escenario.pdfSponsors
Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) - Xunta de Galicia
Rights
CC0 1.0 Universal



