Singularidades da autoría feminina galega na abordaxe da memoria do 36. Susana Sanches Arins e Iria Morgade Valcárcel, dous estudos de caso
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A memoria non é fiable pero constitúenos. O seu recordo non é idéntico de cada vez que a lembramos e a súa transmisión nunca é homoxénea pero nela reside o valor da experiencia individual e, como membros dunha sociedade que somos, por extensión, tamén da colectiva. Conscientes do inestable desta facultade -quizais deturpada, perdida ou subxectiva en exceso-, quérese nestas páxinas ir máis aló: crendo na súa capacidade para mostrar a relación causa-efecto entre os tempos pasados e os actuais, o presente traballo pretende dilucidar a maneira na que a memoria, en forma de literatura, pode devir no instrumento co que superar o trauma xerado pola Guerra Civil Española mais a ditadura franquista.
Explorando a(s) forma(s) nas que se recupera a memoria do 36, captando os seus efectos e observando a renovación do tema nos dous casos prácticos propostos -as lecturas do Seique de Susana Sanches Arins (Através, 2019) e do Quen escribirá a miña historia? de lria Morgade Valcárcel (Galaxia, 2023)- , ilustrarase a troca do discurso social difundido ata os nosos días por un novo máis acaído que se erixe fundamentalmente sobre a perspectiva de xénero. Suxeitas as obras a este fin de reelaboración e de produción contrahexemónica, incidirase na función social da novela así como na súa idoneidade para evidenciar unha serie de tensións mantidas entre a oficialidade e a non-oficialidade da Historia no Estado español.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International








