A externalización da recría en vacún de leite
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
As gandeirías de vacún de leite tradicionalmente realizan a recría nas propias instalacións. Isto xera numerosas desvantaxes, principalmente adicar unha parte da man de obra a un lote que non se encontra producindo beneficios. Ademais, o manexo soe presentarse mellorable, habitualmente con lotes heteroxéneos en idade e polo tanto, non adaptados ás propias necesidades de cada xata.
Esta realidade pode optimizarse derivando as xatiñas a un Centro de Recría como Recría Castro SL (Castro de Rei, Lugo), sendo incorporadas arredor duns 20 días de vida e retornadas ás súas explotacións de orixe, próximas ao parto, antes dos 24 meses de idade.
A contratación deste servizo asegura unhas idades ao primeiro parto óptimas e de forma destacable, permite ás explotacións gandeiras adicar toda a man de obra aos animais en produción, maximizando a rendibilidade da granxa.
De forma específica, convén destacar a especialización coa que conta este tipo de Centros. Cada lote presenta unha serie de características e actividades definitorias segundo a etapa produtiva na que se atopa cada xata, ademais dos obxectivos a acadar en cada un dos mesmos.
Non obstante, ao longo de todo o proceso mantense a importancia do mantemento da bioseguridade e a prevención de enfermidades, pois aínda que a admisión é exclusiva a explotacións con estritos criterios sanitarios, este tipo de Centros supoñen un núcleo de converxencia de animais de distinta procedencia.
A formación de lotes homoxéneos en idade e peso corporal é principal no manexo das xatas. Por iso, a implementación da avaliación do peso corporal e a medición da alzada, son ferramentas que permiten cuantificar o desenvolvemento das xatas de forma individual ao longo de todo o proceso produtivo.
Isto permite calcular a ganancia media diaria, variable que monitorea o crecemento da xata en cada unha das fases e etapas produtivas, a cal presta apoio para detectar alteracións no manexo e implementar melloras. Esta encóntrase influenciada por numerosos factores tanto propios como externos á xata, tales como aqueles sensibles ao manexo e ás estratexias e sistemas de desteta.
Con todo isto, o obxectivo é maximizar o crecemento das xatas dunha forma eficiente en termos económicos e produtivos para acadar un parto ao arredor dos 24 meses de idade.
Description
Traballo Fin de Grao en Veterinaria. Curso 2021-2022
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución 4.0 Internacional






