Relatoría da xornada "Miradas Complementarias: Unha análise multidisciplinar do conflito palestino-israelí en Oriente Próximo"

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O día 30 de outubro a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela acolleu, en colaboración coa Fundación Araguaney, dúas mesas redondas que tiveron como propósito profundar, dende unha mirada interdisciplinar, no conflito palestino-israelí en Oriente Próximo. Trátase dunha iniciativa que se integra, xunto con outras, no plan institucional adoptado pola "Comisión para o desenvolvemento de accións a prol da comunidade universitaria de Palestina" así como na colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela coa Fundación Araguaney, a cal se espera que se materialice na creación dunha Cátedra sobre estudos interculturais e análise de conflitos internacionais.

Description

A xornada estructurouse en torno a dúas mesas redondas. A primeira delas, moderada por Jesús Núñez Villaverde, co-director do IECAH (Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria), aproximouse ao conflito dende os debates teóricos que poden sosterse nos campos da filosofía, a historia ou a política. Para isto contouse coa participación de Antonio Míguez Macho, Antón Losada e Luis García Soto, profesores de historia contemporánea, ciencia política e filosofía moral e política, respectivamente. A segunda mesa estivo moderada pola profesora en Antropoloxía Social, Guadalupe Jiménez Esquinas. A escritora e activista hispano-siria Leila Nachawati Rego, o médico e empresario palestino Ghaleb Jaber Ibrahim e, por último, a portavoz da Asociación Galaica Árabe Jenin, Sara Ashour Alyazji, contribuíron aquí á comprensión do conflito dende unha visión máis próxima ao activismo e aos movementos sociais.

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International