Reseña do patrimonio natural e a biodiversidade de Galicia: ano 2008
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
IBADER (Universidade de Santiago de Compostela-Lugo)
Abstract
Víctor López Seoane (1832-1900), considerado como o máis destacado naturalista galego do Século XIX, publicou en 1866 a "Reseña de Historia Natural de Galicia" na que pretendía realizar un catálogo xeral dos seres dos tres Reinos da natureza galega, un inventario inicial que, como proxecto científico, entraba de cheo nas preocupacións dos escasos especialistas da época, e nun momento en que o galego Miguel Colmeiro e o catalán Mariano de la Paz Graells, iniciaban a inxente catalogación da flora e fauna do Estado español.
A obra de López Seoane (1870a,b, 1877, 1878a,b, 1884, 1891, 1897) revela, por outra parte, o estado dos coñecementos científicos sobre o medio natural de Galicia a mediados do Século XVIII, froito dos traballos pioneiros de Cornide, Sarmiento, Feixóo, Alonso, e dos contemporáneos de Schulz, Colmeiro, Planelles, Valenzuela, Naceiro, Pourret e Lange. Entre ambos os dous grupos de naturalistas existen notorias diferenzas conceptuais e metodolóxicas, que se incrementarán cos naturalistas da segunda metade do Século XIX e inicios do XX.
Este cambio será fundamental para o coñecemento do medio natural galego, publicando o propio López Seoane (1877) o primeiro "Catálogo de Anfibios y Reptiles de Galicia", así como as bases para o estudio ornitolóxico: "Aves nuevas de Galicia" (López Seoane, 1870a), "Examen crítico de las perdices de Europa,particularmente de las de España y descripción de dos nuevas formas de Galicia” (López Seoane, 1891), á vez que colabora con Leon Becker o cal publicará o primeiro catálogo de arácnidos de Galicia, con 72 especies. No campo da botánica destacará polo seu importante herbario, no que se inclúe unha cuantiosa representación da flora de Galicia, así como doutras áreas de España, principalmente Andalucía.
Actualmente esta colección de pregos realizada polo primeiro mestre de Baltasar Merino autor da única flora de Galicia (Merino, 1905), que se atopa depositada no herbario oficial LUGO, da Universidade de Santiago (Campus de Lugo).
Description
Keywords
Bibliographic citation
Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Gómez-Orellana, L. e Ferreiro da Costa, J. (2008). Reseña do patrimonio natural e a biodiversidade de Galicia: ano 2008. (2008). IBADER. https://www.ibader.gal/download.php?f=2008_MonogIBADER_Resenha-2334.pdf
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Publisher version
https://www.ibader.gal/ficha/140/673/Resena-do-Patrimonio-Natural-e-a-Biodiversidade-de-Galicia-ano-2008.-2008-.htmlSponsors
Nesta obra colaboran as seguintes entidades: USC, Consellería do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia), Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo.
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International







