Misticismo, ironía e humor na obra de Søren Kierkegaard

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Neste traballo intentaremos xustificar a posibilidade dunha interpretación relixiosa da produción kierkegaardiana, que sexa á vez compatible co dominio da ironía sobre a produción. Para isto será necesario mostrar que a ironía e a comunicación indirecta poderían funcionar precisamente como medios para a edificación relixiosa, especificando unha comprensión acerca do significado da negatividade infinita da ironía. Un estudo das críticas de Kierkegaard ó misticismo, ou máis particularmente, á idea de que sería posible unha relación inmediata entre o individuo e Deus, servirá para aclarar, mediante o contraste, a especificidade da propia concepción kierkegaardiana acerca da relación entre o individuo, Deus e o próximo, tamén co propósito de considerar ata que punto resultaría posible falar dunha mística especificamente kierkegaardiana. Mostraremos como o pensamento de Kierkegaard se configurou, en parte, non só por contraposición ó misticismo, senón tamén a partir da apropiación dalgunhas expresións tomadas da literatura mística. Por último intentaremos concretar como podería levarse a cabo o que nós denominaremos como unha mística kierkegaardiana, a partir de varios exemplos tomados dos propios textos de Kierkegaard.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional