RT Dissertation/Thesis T1 Misticismo, ironía e humor na obra de Søren Kierkegaard A1 Santiago Dacosta, Alipio K1 Kierkegaard K1 misticismo K1 ironía K1 humor K1 cristianismo AB Neste traballo intentaremos xustificar a posibilidade dunha interpretaciónrelixiosa da produción kierkegaardiana, que sexa á vez compatible co dominio da ironía sobre a produción. Paraisto será necesario mostrar que a ironía e a comunicación indirecta poderían funcionar precisamente como mediospara a edificación relixiosa, especificando unha comprensión acerca do significado da negatividade infinita daironía. Un estudo das críticas de Kierkegaard ó misticismo, ou máis particularmente, á idea de que sería posibleunha relación inmediata entre o individuo e Deus, servirá para aclarar, mediante o contraste, a especificidade dapropia concepción kierkegaardiana acerca da relación entre o individuo, Deus e o próximo, tamén co propósito deconsiderar ata que punto resultaría posible falar dunha mística especificamente kierkegaardiana. Mostraremoscomo o pensamento de Kierkegaard se configurou, en parte, non só por contraposición ó misticismo, senón taména partir da apropiación dalgunhas expresións tomadas da literatura mística. Por último intentaremos concretarcomo podería levarse a cabo o que nós denominaremos como unha mística kierkegaardiana, a partir de variosexemplos tomados dos propios textos de Kierkegaard. YR 2023 FD 2023 LK http://hdl.handle.net/10347/30488 UL http://hdl.handle.net/10347/30488 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026