Os sufixos –iño, -ito e –ico na fala do concello de Castrelo do Val
| dc.contributor.author | Alonso Núñez, Aquilino Santiago | |
| dc.date.accessioned | 2014-02-06T08:05:23Z | |
| dc.date.available | 2014-02-06T08:05:23Z | |
| dc.date.issued | 2004 | |
| dc.description.abstract | O concello de Castrelo do Val, situado na zona suroriental da provincia de Ourense, contaba en 1991 con 1.463 habitantes de dereito repartidos en dezaseis núcleos de poboación. Dende un punto de vista dialectolóxico (Fernández Rei, 1990), a fala deste concello englóbase no bloque central porque nesta zona dise pantalós fronte a pantalois do bloque oriental e a pantalóns do bloque occidental. Dentro do bloque central, esta fala sitúase na área oriental de transición, pois non se empregan il, iste, formas propias da área lucu-auriense; senón que se usan el, este. Os obxectivos do presente traballo son os seguintes: a) Facer un estudo descritivo dos sufixos -iño, -ito e -ico na fala viva do municipio de Castrelo do Val para axudar a concretar mellor a gramática descritiva do galego común actual no ámbito da sufixación. Os límites que este congreso impón para cada relatorio fan aconsellable un estudo reducido a estes tres sufixos. Por outra parte, considero que, para a descrición gramatical do galego común actual, é preferible analizar estes elementos nunha fala viva antes ca en obras literarias. b) Observa-lo reparto funcional de -iño e -ciño nesta fala. c) Subliña-la presencia do sufixo -ito na fala dos vellos de Castrelo do Val. d) Constatar que o valor “minorativo, empequenecedor” é o valor primordial do sufixo -ico na fala deste municipio. e) Intentar predicir cál será a evolución destes sufixos no futuro. Deixo fóra do meu estudo as chamadas funcións do diminutivo. Parto da hipótese de que estas formas expresan “minoración”. Esta “minoración” pode ir acompañada dun sentimento afectivo, quer positivo quer negativo. Tal sentimento afectivo, por veces, chega a borra-lo significado “diminutivo”. Para realizar este estudo botei man do material recollido para a miña tese de doutoramento sobre a fala de Castrelo do Val. Así, a información manexada procede de enquisas persoais e daquelas cintas gravadas máis aproveitables para este tema. | gl |
| dc.identifier.citation | Alonso Núñez, Aquilino Santiago (2004). Os sufixos –iño, -ito e –ico na fala do concello de Castrelo do Val. En: "A lingua galega: historia e actualidade" (vol. 4, 307-315). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega: Instituto da Lingua Galega | gl |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/9828 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.publisher | Consello da Cultura Galega | gl |
| dc.publisher | Instituto da Lingua Galega | gl |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.subject | Dialectoloxía | gl |
| dc.subject | Dialectología | gl |
| dc.subject | Dialectology | gl |
| dc.subject | Galego (Lingua) | gl |
| dc.subject | Gallego (Lengua) | gl |
| dc.subject | Galician (Language) | gl |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica | gl |
| dc.title | Os sufixos –iño, -ito e –ico na fala do concello de Castrelo do Val | gl |
| dc.type | book part | gl |
| dspace.entity.type | Publication |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- A_S_Alonso_Nunez_2004.pdf
- Size:
- 241.46 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format