A posición do suxeito nas construcións intransitivas do galego

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.contributor.authorArea Falcón, Mariña
dc.contributor.tutorCidrás, Francisco
dc.date.accessioned2023-10-26T09:36:52Z
dc.date.available2023-10-26T09:36:52Z
dc.date.issued2023
dc.descriptionTraballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2022-2023es_ES
dc.description.abstractDo punto de vista tipolóxico, o galego é unha lingua xeralmente incluída dentro do tipo S(uxeito) - V(erbo) - O(bxecto), e.g. A nena mercou un libro. Aínda que admitindo certo grao de liberdade, como é propio no caso das linguas flexivas, esta é a distribución de constituíntes predominante nas oracións básicas do galego. No entanto, nas construídas sen obxecto directo, i.e. intransitivas, a orde básica non é así tan fácil de determinar: certos verbos e estruturas semellan favorecer a posposición do suxeito, mesmo en condicións non marcadas. A pesar de nos situarmos así no ámbito da sintaxe oracional, o estudo da posición do suxeito está sen dúbida sometido á procura de factores semántico-pragmáticos, textuais e discursivos que condicionan tal variabilidade. Con todo, tamén se verá interferido pola circunstancia do galego ser, para alén dunha lingua flexiva de orde bastante libre, unha lingua de suxeito nulo cunha forte tendencia a non marcar o suxeito explícito. Tendo isto en conta, é o obxectivo deste traballo analizar, cuantitativa e cualitativamente, o comportamento posicional do suxeito a partir dos tres grandes tipos de verbos que dan lugar ás construcións intransitivas: a) inacusativos, do tipo chegar, b) inergativos, do tipo vivir e c) psicolóxicos con estrutura OI-V-S, do tipo gustar. Para a realización das análises constituirase un corpus ad hoc que recolla unha mostra representativa de verbos dos tres tipos supracitados, botando man da base de datos do Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). No percurso da pesquisa, privilexiaremos unha ollada funcional-cognitiva, asumindo que a estrutura oracional reflicte, no plano da expresión lingüística, decisións correspondentes ao plano semántico e/ou pragmático-discursivo.es_ES
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/31091
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
dc.rights.accessRightsopen accesses_ES
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectOrde de constituínteses_ES
dc.subjectSuxeitoes_ES
dc.subjectIntransitividadees_ES
dc.subject.classification570513 Sintaxis, análisis sintácticoes_ES
dc.subject.classification570512 Estilística (estilo y retórica)es_ES
dc.titleA posición do suxeito nas construcións intransitivas do galegoes_ES
dc.title.alternativeLa posición del sujeto en las construcciones intransitivas del gallegoes_ES
dc.title.alternativeThe position of the subject in galician intransitive constructionses_ES
dc.typebachelor thesises_ES
dspace.entity.typePublication

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
Area Falcón, Mariña.pdf
Size:
903.71 KB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: