A vocación dialóxica na novela de iniciación sentimental dos anos setenta
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O presente traballo busca confirmar e exemplificar, a través da análise de tres obras
narrativas, a maneira na que as novelas de iniciación sentimental aparecidas na década
dos setenta na narrativa galega contemporánea se configuraron ao servizo dunha vocación
dialóxica, de maneira que as estruturas enunciativo-discursivas empregadas contribuísen
a incluír voces que canalizasen literariamente a desorientación e angustia vital tanto dos
seus protagonistas como da sociedade do momento. Preséntase unha introdución na que
se recollen os elementos definitorios deste tipo de novelas e se explica o concepto de
dialoxismo en clave bakhtiniana, achéganse algunhas nocións xerais a respecto do
contexto sociopolítico e cultural da Galicia dos anos setenta e pásase a facer unha análise
pormenorizada de cada unha das tres obras seleccionadas: Adiós María (1971) de Xohana
Torres, Xoguetes para un tempo prohibido (1975) de Carlos Casares e Dos anxos e dos
mortos (1977) de Anxo A. Rei Ballesteros; atenderase particularmente á maneira na que
se constrúe a súa enunciación e aos recursos discursivos empregados en cada unha delas
para cumprir con este propósito dialóxico. Finalmente, preséntanse unhas breves
conclusións que sintetizan as particularidades atopadas en cada unha das obras do corpus
de análise.
Description
Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2021-2022
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional



