Caracterización Físico – Química de Sistemas Orgánico – Acuoso y Acuoso - Acuoso
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A caracterización físico-química de sistemas orgánico-acuoso e acuoso-acuoso tomou
especial relevancia nos derradeiros anos, á vista das suas propiedades e potenciais
aplicacions en sistemas de extracción líquido-líquido e a importancia destas
propiedades sobre os procesos de transferencia de materia e de operatividade. No
caso dos sistemas orgánico -organico e orgánico-acuoso, utilizanse de forma xeral a
nivel industrial para levar a cabo distintas separacions por ser un procedimiento
económico e eficaz. Un exemplo dentro das aplicacions dos sistemas orgánico-acuoso
é a deshidratación de etanol a partir de biomasa para o seu uso como combustible. O
incremento previsible na demanda desta sustancia e a politica ambiental actual, fan
preciso unha mellora no proceso de separación do etanol, mediante procedimientos
mais economicos e sostibles que os usados ata a data. Nenbargantes, o desenrolo
destos procesos químicos alternativos confronta coa dificultade de dispoñer na
bibliografía científica de datos termodinámicos adecuados para un diseño óptimo
deste tipo de unidades. Por outro lado, nos sistemas acuoso-acuoso, os compoñentes
involucrados solen ser xeralmente polímeros e/o sales. É de destacar nas aplicacions
destos sistemas o proceso de separación do etanol por microorganismos, mediante
disolucions de duas fases acuosas, tamén se utilizan no campo da alimentación,
cosmética ou aceites lubricantes entre outros. A presente tese doutoral desenrolou o
estudo e a caracterización termodinámica das mezclas de compoñentes implicados en
sistemas de extracción líquido-líquido. Caracterizuse estos sistemas en base a analizar
as interaccións entre os distintos solutos e disolventes e a sua relación coas
propiedades físicas que poden ter influencia sobre os procesos de transferencia de
materia. Deste xeito, analizáronse a priori propiedades físicas tales como densidade,
velocidade do son e índice de refracción. A partir destes estudos puidose estimar
distintas variables termodinámicas que botan luz sobre o comportamento e
interaccións entre moléculas do mismo e distinto tipo. Debido a que o obxectivo desta
tese de doutoramento implica o uso de sistemas heteroxéneos, fíxose preciso o estudo
e determinación das zonas de miscibilidade, sendo estos estudos necesariamente
anteriores á caracterización físico-química. Os sistemas propostos centráronse nos
sistemas orgánico-acuoso empregando distinto tipo de alcanos como fase orgánica e
centrado no seu uso para a extracción de etanol. Por outra banda, e en relación cos
sistemas acuoso-acuoso apostouse por empregar polímeros doutra natureza
(concretamente con actividade superficial) en comparación cos existentes na
bibliografía, así como distintas sales (tanto en relación co anión como co catión). O
efecto da composición, natureza dos compoñentes e da temperatura foron evaluados.
Ademáis, distintas correlacións para o axuste dos resultados experimentales foron
empregados tendo en conta o número de componentes e natureza dos mesmos.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl








