De fidalgos a notábeis. Paradoxos entre a propiedade da terra e a representación política

dc.contributor.advisorVillares Paz, Ramón
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS)
dc.contributor.authorRosende González, Silvia
dc.coverage.spatialeast=-8.5721016; north=42.6208401; name=Pontevedra (Galicia : Provincia)
dc.date.accessioned2022-03-23T08:31:44Z
dc.date.available2022-03-23T08:31:44Z
dc.date.issued2022
dc.description.abstractEsta tese presenta unha investigación das elites da provincia de Pontevedra nun contexto temporal de fractura: o tránsito do Antigo Réxime ao liberalismo. Un estudo de caso que se insire dentro do debate historiográfico sobre a continuidade ou ruptura no cambio histórico. Empiricamente, trata de contribuír no coñecemento das bases sociais que instituíron o Estado liberal. Con este propósito, realizouse un seguimento de tres familias fidalgas da provincia, dende a súa aparición no Antigo Réxime, até a súa transformación social no liberalismo. Os López- Ballesteros de Vilagarcía, os Varela de Moraña, e os Espinosa de Silleda debuxan o perfil daquela fidalguía galega que secundou o liberalismo moderado isabelino. Malia partir cun estatus nobiliario menor, estas familias gozaron dunha elevada posición dentro da elite provincial, contando ademais con algún cabezaleiro de gran ascendente persoal. Entre dúas xeracións quedará patente a viraxe política e ideolóxica, así coma o terremoto social da fin do privilexio. Estes aspectos en mudanza deixarán nun segundo plano a tradicional dedicación ao seu dominio territorial, para buscar o seu porvir na representación política e na función pública. Na sociedade de notábeis atoparanse algunhas das chaves para entender os procesos abertos no longo século XIX, entre eles, a estruturación clientelar do poder político, e o devalar da fidalguía galega coma tal.gl
dc.description.programaUniversidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/27707
dc.language.isoglggl
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
dc.subjectfidalguíagl
dc.subjectnotábeisgl
dc.subjectAntigo Réximegl
dc.subjectrevolución liberalgl
dc.subjectrepresentación políticagl
dc.subjectclientelismogl
dc.subjectadministración liberalgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::55 Historia::5504 Historia por épocas::550402 Historia contemporáneagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::55 Historia::5503 Historia de países::550302 Historia regionalgl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550620 Historia de las ideas políticasgl
dc.titleDe fidalgos a notábeis. Paradoxos entre a propiedade da terra e a representación políticagl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublicatione9baae25-fa7d-4456-aa59-9a91651c9859
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscoverye9baae25-fa7d-4456-aa59-9a91651c9859

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
rep_2640.pdf
Size:
133.44 MB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: