De fidalgos a notábeis. Paradoxos entre a propiedade da terra e a representación política
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
Esta tese presenta unha investigación das elites da provincia de Pontevedra nun contexto temporal de fractura: o tránsito do Antigo Réxime ao liberalismo. Un estudo de caso que se insire dentro do debate historiográfico sobre a continuidade ou ruptura no cambio histórico. Empiricamente, trata de contribuír no coñecemento das bases sociais que instituíron o Estado liberal. Con este propósito, realizouse un seguimento de tres familias fidalgas da provincia, dende a súa aparición no Antigo Réxime, até a súa transformación social no liberalismo. Os López- Ballesteros de Vilagarcía, os Varela de Moraña, e os Espinosa de Silleda debuxan o perfil daquela fidalguía galega que secundou o liberalismo moderado isabelino. Malia partir cun estatus nobiliario menor, estas familias gozaron dunha elevada posición dentro da elite provincial, contando ademais con algún cabezaleiro de gran ascendente persoal. Entre dúas xeracións quedará patente a viraxe política e ideolóxica, así coma o terremoto social da fin do privilexio. Estes aspectos en mudanza deixarán nun segundo plano a tradicional dedicación ao seu dominio territorial, para buscar o seu porvir na representación política e na función pública. Na sociedade de notábeis atoparanse algunhas das chaves para entender os procesos abertos no longo século XIX, entre eles, a estruturación clientelar do poder político, e o devalar da fidalguía galega coma tal.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional







