O despoboamento rural galego como problema didáctico: un proxecto para o colexio público do Incio
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Este traballo céntrase no despoboamento do rural galego, realidade que constitúe un problema fundamental da actual sociedade. De aí que xurda a necesidade de presentar no ámbito educativo un conflito sobre o cal reflexionar dentro das aulas a través da organización e xestión dun centro educativo. O tratamento do mesmo, será a partires da realización dun proxecto de centro crítico, abrindo o mesmo á realidade e á democracia e sometendo a toda a comunidade educativa ao desenvolvemento dunha conciencia crítica acerca desta problemática.
Observadas as opinións de moitas familias e profesorado vinculados ao colexio público do Incio a partires da realización de enquisas, xorde a necesidade de elaborar un proxecto que abrangue un conxunto amplo de actuacións didácticas e reflexivas que pretendan traballar de maneira principal co patrimonio inmaterial, como é o caso do despoboamento do rural.
Achéganse múltiples propostas destinadas a todos os cursos existentes na Educación Primaria do CEIP Ricardo Gasset, que teñen como misión a adquisición de competencias sociais e cívicas por parte do alumnado, en primeiro termo, e por toda a restante comunidade. Todas as propostas foron revisadas de maneira teórica por dúas mestras e responsables de centro (en distintas datas) con dilatada experiencia no colexio e que foron reformuladas unha vez debatidas as ideas coas mesmas e de maneira produtiva. O conxunto de propostas fanse de xeito transversal, de maneira que a meirande parte das áreas curriculares teñen a súa importancia no tratamento deste problema didáctico.
Description
Traballo de Fin de Grao en Mestre ou Mestra en Educación Primaria. Curso 2016-2017
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España








