Pesca e negocio na Galicia cantábrica. De Cariño a Ribadeo entre o Catastro de Ensenada e o desestanco do sal
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
Malia que varios portos da Galicia Cantábrica foran importantes núcleos da pesca da balea durante os séculos anteriores, a mediados dos século XVIII, a decadencia e desaparición daquela, así como as dificultades nas comunicacións existentes na zona resultaran determinantes dun peso da pesca na economía inferior ao existente en áreas como a das Rías Baixas. Con todo existían portos pesqueiros de certa importancia, como Foz, Celeiro, Cariño ou O Barqueiro nos que unha terceira parte dos viciños tiñan algún tipo de adicación á aquela actividade, ao tempo que nas demais parroquias costeiras existían igualmente aínda que en menor medida. A actividade pesqueira contaba con un importante compoñente comercial e, ao igual que noutras partes da Galicia marítima, transformábase o peixe para a súa venta no interior a traveso de cabalarías ou noutros puntos da costa peninsuar por medio das pinazas que se utilizaban iguamente para a pesca. A diáspora comercial catalana do século XVIII acadaría o Cantábrico galego non de xeito directo, senón a traveso do Golfo Ártabro.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International








