O ciberacoso no alumnado de Educación Primaria. Eixos da prevención na contorna familiar
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A relevancia adquirida polos dispositivos tecnolóxicos na contorna familiar afectou
profundamente ás relacións entre os seus membros e presentou novos desafíos educativos
derivados da necesidade de educar aos menores no seu uso. Neste senso, cobra especial
relevancia a prevención do ciberacoso, un fenómeno complexo e multidimensional, vinculado
á urxencia de xestionar a convivencia entre iguais no espazo virtual. Así, nesta investigación
analizamos o uso que fai o alumnado de Educación Primaria e as súas familias da tecnoloxía,
tratando de identificar en que medida a contorna familiar pode contribuír á prevención do
ciberacoso. Para isto, optamos por un enfoque metodolóxico mixto, no que combinamos
técnicas e instrumentos de natureza cuantitativa e, en menor medida, cualitativa. Os
resultados permítennos identificar as variables familiares máis relevantes, caso daquelas que
interveñen na mediación parental dos dispositivos tecnolóxicos. Concluímos insistindo na
necesidade de que os programas de prevención do ciberacoso inclúan o desenvolvemento de
prácticas educativas familiares que, no marco do exercicio da parentalidade positiva, propicien
respostas satisfactorias ás necesidades dos menores neste eido.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








