Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O teletraballo é unha modalidade laboral cada vez máis estendida que pretende xerar efectos positivos tanto para as persoas traballadoras como para as organizacións, institucións ou empresas que a implanten. Neste contexto, a pandemia da Covid-19 foi un catalizador desta modalidade laboral. Este traballo pretende, dende unha perspectiva práctica, observar de que forma afectan variables como o apoio organizativo, a experiencia previa co teletraballo ou factores persoais (idade ou sexo) sobre a satisfacción percibida polas persoas que o practican. Para isto, despois dunha introdución de carácter teórico, realízase unha análise descritiva, para posteriormente utilizar un modelo probit ordenado que permita testar as relacións entre as variables referidas e a satisfacción co teletraballo. Os resultados arroxan unha relación positiva entre a experiencia previa ó Covid-19 co teletraballo e a satisfacción das persoas co mesmo. Tamén revelan que o apoio organizativo (de colegas, xefes, e de medios facilitados para desenvolver as tarefas) é un elemento relevante a considerar para a mellora da satisfacción e benestar do cadro de persoal. Mulleres e homes amosan un comportamento similar na satisfacción co teletraballo pese a que as horas de coidados do fogar, menores e maiores exercen unha influencia significativa en detrimento da satisfacción percibida por estas. Este resultado é de particular importancia de cara a reformular os roles de xénero que actualmente seguen a estar impostos -en moitos casos- no relacionado a estes coidados.

Description

Traballo Fin de Grao de Economía

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional