RT Generic T1 Satisfacción co teletraballo: unha aproximación empírica A1 Alonso Prol, David K1 Teletraballo K1 Teletrabajo K1 Teleworking K1 Satisfacción percibida K1 Perceived satisfaction K1 Benestar K1 Welfare K1 Xénero K1 Género K1 Gender AB O teletraballo é unha modalidade laboral cada vez máis estendida que pretende xerar efectospositivos tanto para as persoas traballadoras como para as organizacións, institucións ouempresas que a implanten. Neste contexto, a pandemia da Covid-19 foi un catalizador destamodalidade laboral. Este traballo pretende, dende unha perspectiva práctica, observar de queforma afectan variables como o apoio organizativo, a experiencia previa co teletraballo oufactores persoais (idade ou sexo) sobre a satisfacción percibida polas persoas que o practican.Para isto, despois dunha introdución de carácter teórico, realízase unha análise descritiva, paraposteriormente utilizar un modelo probit ordenado que permita testar as relacións entre asvariables referidas e a satisfacción co teletraballo. Os resultados arroxan unha relación positivaentre a experiencia previa ó Covid-19 co teletraballo e a satisfacción das persoas co mesmo.Tamén revelan que o apoio organizativo (de colegas, xefes, e de medios facilitados paradesenvolver as tarefas) é un elemento relevante a considerar para a mellora da satisfacción ebenestar do cadro de persoal. Mulleres e homes amosan un comportamento similar nasatisfacción co teletraballo pese a que as horas de coidados do fogar, menores e maioresexercen unha influencia significativa en detrimento da satisfacción percibida por estas. Esteresultado é de particular importancia de cara a reformular os roles de xénero que actualmente seguen a estar impostos -en moitos casos- no relacionado a estes coidados. YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/27015 UL http://hdl.handle.net/10347/27015 LA glg NO Traballo Fin de Grao de Economía DS Minerva RD 24 abr 2026