Deseño e implementación dunha proposta de ensinanza da relatividade especial en primeiro de bacharelato, baseada na formulación xeométrica de Minkowski

dc.contributor.advisorDomínguez Castiñeiras, José Manuel
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Educación
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais
dc.contributor.authorPrado Orbán, Xabier
dc.date.accessioned2012-02-02T12:58:39Z
dc.date.available2012-02-02T12:58:39Z
dc.date.issued2012-02-02
dc.description.abstractO informe PISA (OCDE, 2006) pon de manifesto o fracaso escolar na ESO en tres competencias básicas: comunicación lingüística, matemática e científica. Dito informe revela que na comunidade autónoma galega, entre outras, o alumnado, cando remata ditos estudos, ten serias dificultades para representar, interpretar e comprender a realidade, construír e comunicar o coñecemento; utilizar os símbolos e as formas de expresión e razoamento en ciencias e matemáticas, resolver problemas relacionados coa vida cotiá, integrar o coñecemento matemático con outros tipos de coñecemento mediante a conexión e integración de modelos matemáticos explícitos; elaborar e comunicar xustificacións e argumentos baseados nas súas interpretacións e accións; utilizar probas científicas e extraer conclusións baseadas en probas, amosar curiosidade pola ciencia e pola matemática, e recoñecer a importancia da investigación científica. Coa presente investigación de tese de doutoramento preténdese contribuír á solución da problemática formulada no parágrafo anterior. Baseándose nunha perspectiva socioconstrutivista, dende a cala ensinanza-aprendizaxe da ciencia e da matemática, descríbese como un proceso de enculturalización, no que os estudantes participan (en colaboración co profesor e cos seus propios compañeiros) na elaboración do razoamento científico e matemático situándoos no contexto da vida real, dentro dunha estrutura baseada nas teorías e métodos da ciencia e da matemática (Brown et al., 1989, Vergnaud, 1997; Ogborn et al., 1996). A este respecto diferentes autores (Lemke, 1990; Jiménez, 1998; Godino et al., 2006) pensan que dominar o campo das ciencias e da matemática require dominar a súa forma especializada de utilizar a linguaxe, os símbolos, a simulación, a modelización e a comunicación, para que o alumnado sexa capaz de reconstruír, comprender e aplicar conceptos, procesos e técnicas. Somos conscientes de que os modelos matemáticos que representan feitos e fenómenos do mundo físico, obxecto de estudo na ESO, orixinan conflitos semiótico-cognitivos nos estudantes no seu tratamento matemático (Godino et al., 2006), mais tamén ofrecen oportunidades para contribuír a superalos.
dc.identifier.isbn978-84-9887-823-3
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/3640
dc.language.isoglggl
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectRelatividadgl
dc.subjectMinkowskigl
dc.titleDeseño e implementación dunha proposta de ensinanza da relatividade especial en primeiro de bacharelato, baseada na formulación xeométrica de Minkowskigl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublication16833730-2f52-41f4-a4c9-9e171b9ac1af
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery16833730-2f52-41f4-a4c9-9e171b9ac1af

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
9788498878233.pdf
Size:
9.17 MB
Format:
Adobe Portable Document Format